jueves, 27 de noviembre de 2008

De volta ca seleccion galega...

Este ano por esta fechas volvese a celebrar o partido anual ca nosa seleccion xoga para alegria nosa.Este ano repetira escenario pois xogarase en Riazor,A coruña, onde xa se xogou no 2006 contra ecuador.Este ano celebrarase o 27 de decembro e sera ante a seleccion nacional de Chile



Voltamos a recomendarlles a todolos afeccionados galegos que este dia tan sinalado se acerquen ata a Coruña para animar o combinado nacional galego e depaso para pasalo ben e desfrutar a raudales.Nos pola nosa parte estaremos ali presentes se non ai dubida e depaso voltaremos con outra seleccion de fotos po blog da seleccion galega.




Sen nada mais que contar,un saudo e ata vernos.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Plan Bolonia....


Como alguns de vos xa saberedes os estudantes deste o noso pais estamos un pouco preocupados polo carallo do Plan Bolonia. Un plan que quere privatizar o estudo Universitario introducindo novas medidas que o parecer son un pouco duras de mais. Em primeiro lugar desaparecen as becas, para convertirse, en prestamos que se devolveran o finalizar os estudos en teoria para reducir gastos publicos, que digo eu non e unha prioridade a educacion, pois non creo que dende a pespectiva dos nosos "maravillosos" politicos, non o é. Ademais disto estan a falar de endurecer as temidas provas de selectividade, e en que desaparezan as diplomaturas e licenciaturas de 3 e 5 anos pra que, todalas carreiras sexan de 4 anos. Isto fara que pra rematar os estudos cunha especializacion clara axa que facer tamen un Master cun custo aproximado duns 3.000 euros. E dende aqui ainda que nos os 2 ( Miky e Vace) non somos dos mais afectados por ter o noso futuro... un pouco incerto queremos tamen apoiar a causa dos nosos compañeiros. Ademais nunca se sabe " Como che pode cambiar a cabeza" ( Dito fomentado especialmente polo pai de Vacenas).


Un saudo e ata vernos

martes, 18 de noviembre de 2008

Xa somos un mais...

Como moitos xa saberedes acaba de creaese un novo blog en melide, un blog adicado o deporte en melide, http://deporteenmelide.blogspot/.com/. Un blog adicado a todo o deporte Melida tanto o CIRE coma o Atletico Melide, o melide futbol sala... en todas as suas categorias, por suposto. Ainda que agora mesmo dede Dias de troula ainda estamos realizando algunhas pescudas pra, como non, saber quen é o atifice deste novo espacio na rede. Asi que sen nada mais animarvos a todos a que a que utilicedes este blog para interesarvos polo deporte do noso concello.



Un saudo e ata vernos...

viernes, 14 de noviembre de 2008

Novo adestrador pros xuvenis do cire....

Pois como moitos saberedes chegou dende a capital de galicia(Santiago) un novo mister pras categorias inferiores do Cire de melide. O señor Pepe Paz un pequeno e entrañable home que chega con moitas ganas de axudar o principal clube da vila. E por iso dende dias de troula ocorreusenos adicarlle unha pequena entrada pra que todo o mundo o coñeza.


E que ninguen faga caso as faladurias baratas que o comparan cun tal Varelita. Sentimos non pòdervos amosar unha foto do fenomeno en cuestion pero en canto sexa posible faremolo.


Un saudo e ata vernos

martes, 11 de noviembre de 2008

E xa van 4 meses...

Queridos blogueiros e compañeiros de todolos dias tedes que perdoar por deixar este pequeno espazo sen renovar durante tanto tempo,ainda que bueno, ten a sua explicación.Por motivos da vida os dous compoñentes deste blog (miky) e eu (vacenas) estamos separados por aproximadamente uns 67 km, e como teredes escoitado moitas veces "LA DISTANCIA ES EL OLVIDO". Pero bueno vamos intentar acabar con faladurias baratas e intentaremos que este dito non se cumpla. E pra empezar intentaremos semana a semana volver a publicar a cronica do partido de xuvenis de cada semana, e asi, cada semana ir intentando volver a normalidade e volver a estar a orde do dia.

Un saudo e ata vernos

jueves, 10 de julio de 2008

Si si si, Lamatumba xa esta aquí !!!

Este venres dia 11 na explanada do edificio multiosos(debe ser na pista de futbol sala anexa ao edificio) pois ali a eso das 10 e media tocara outra vez polos nosos lares LAMATUMBA que nos volvera a deleitar ca sua musica movida que fara a delicias de todos os ali presentes.
Pola nosa parte inentaremos mostrarvos o que ali sucedera para aqueles que non poidan asistir.Pero se podedes xa sabedes,acercadevos e teredes desfrute garantizado.


Pola nosa parte isto e todo,un saudo e ata vernos.

martes, 1 de julio de 2008

Chega o sol,a musica e marcha o futbol...

Ca chegada do vrao o primeiro que muda,ou polo menos do que mais nos damos conta e de que chega o sol,a calor e con motivo desto as idas e as vidas a praia pa poñerse guapo para as chicas.

Peo outras cousas que mudan son que a partiren de agora xa acabou a liga e non habera o tipico partido do domingo nin o tipico quinto vendo o partido cos amigos.Polo menos houbo unha alegria antes de deixarnos sen futbol,españa gañou a eurocopa.Non era sen tempo pois dende o 64 non se gaña un titulo deste prestixio coa seleccion.Todos nos aledamos por esta victoria e segun vimos o domingo noite ao pasarmos polo cruce de Melide pasaban os tipicos coches coa bandeira animando a seleccion.Pois xa se sabe a falta de Galicia ben vale España ou pelo menos eso din.Desexamos que volte rapido o futbol para poder disfrutaren outra vez dos nosos equipos(depor,celta,madrid,barça,etc).

Tamen o que chega co vrao e a musica.Monton de musica que numerosas veces se xunta en festivales preciosos nos que se pasa de medo pois desfrutas moitisimo da musica,da xente,do ambiente,etc.Como non cabe mencionar o festival de musica celta de Ortigueira que se celebrara ala polos dias 10,11,12 e 13 de xullo.Esperemos que poidades desfrutar del e nos porque non tamen.

Bueno pois iso e todo de momento.Cando teñamos algo novo que contarvos estaremos ali ao pe do cañon pra informarvos.

Sen nada mais que contarvos,un saudo e ata vernos.

viernes, 20 de junio de 2008

Apadrina un amigo,que karallo,apadrinanos a nos...

Como de seguro vixedes por ai na tele,prensa,radio e demais.Saiu unha nova campaña publicitaria de estrella galicia que leva por nome APADRINA UN AMMIGO e esta plan leva consigo a idea de que cada persoa invite a un amigo a unha estrella e asi todos poder tomar un quinto de festa e cos amigos.O anuncio promocionao Rober Bodegas que pasou por aqui ainda non fai pouco.

Pero para chegar ao grano a nosa idea e a seguinte: Que carallo vas invitar a un amigo a un quinto,mellor invitar aos teus amigos miky e vace e punto(por certo vacenas ademais de tomala podeche servila).Non nos digades que non e boa idea esperamos que ainda que nos invitedes por ai a alguns quintiños que outros que tampoco morredes e asi enrolladesvos un mazo.Outra idea tamen e a de MAPIE que tamen e o mismo invento so que agora en vez de cada un invitar a outro e que todo o grupo de amigos se unan para invitar a un so.Movimiento de Amigos Para Invitar a una Estrella.Nos tanto nos da como sexa pero creemos que un bo quinto ben o merecemos por estar ai sempre ao pe do cañon eh?

Pois que? Que opinades? Parecevos boa idea? Esperemos que si...

Weno un saudo e xa sabes,apadrina a un amigo que e de lei.

miércoles, 7 de mayo de 2008

Pois agora pa 1ª...

Que mal soaba eso de: "a segunda oe,a segunda oe" pois tan mal soa nos equipos eses que vemos na television pero que ben soaba ese mesmo cantico nas gradas do campo do CIRE que cheo ata a bandeira se encheu para xunto co equipo melidao celebrar a festa do ascenso e asi poder ver ao campion da montaña.


O CIRE e equipo de 2ª autonomica tras lograr o campionato de liga e asi o ascenso directo.Todo se deu este domingo e tralo partido a festa estallou,os xogadores con champan;a charanga coa musica e a aficcion cos canticos e vitores de campions,campions.


So destacar que tras unha liga expectante chea de emocions por parte dos xogadores azuis por fin se puido lograr o ascenso tan desexado.


Por iso dende Dias de troula queremos dar a noraboa ao cire(todalas categorias) por facer dese domingo un domingo especial.


P.D.: Un 10 para o equipo un 10 para a aficcion e un 10 para os directivos pois souperon montar unha festa acorde ao grande da festa.

Dias de troula estivo ali e tamen o celebrou como bos brigadistas e afeccionados que somos do equipo azul.Un saudo e ata vernos.

miércoles, 30 de abril de 2008

TAN SO UNHA XORNADA...


Pois si amigos e o que lle queda o equipo historico da nosa vila, o Cire de Melide pra se proclamar campión da liga e o que ainda e mais importante acadar o tan ansiado ascenso. E dende o noso pequeno e humilde espazo na rede quueremos apoiar o Cire, xa que ademais de xogadores tamen pertencemos o colectivo mais radical das bancadas os BRIGADAS AZUIS os que convocamos o domingo no municipal de Melide pra rematar tan memorable campaña cunha grande festa.


E tamén aprovaitar para recordar os grandes artifices desta xeira os xogadores e o corpo tecnico da categoria absoluta, co gran Luis Eugenio a cabeza apoiado por un colectivo de estrelas que fixo posible este soño. Dende Melide e para o mundo enteiro que señan coñecidos CHIQUI, CORDIDO, SUSO, NACHO, PUCHA, FERNANDO, ALBERTO(Torito), JECHU, PEQUE, LUIGI, MIGUITO,MARK, NACHO2, BRAIS, PERILLA,PAJARO, MATEO,RAMÓN,MIKY,TARRIO e todos aqueles que por culpa da miña cabeza tola se me poidan esquecer.


GRAZAS!!!!!!
P.D. e como non xa me esquecia de alguen inesquecible O GRAN RIKI que a sua maneira sempre esta presente
Un saudo e ata vernos

miércoles, 23 de abril de 2008

Humor e futbol...

Humor e futbol e xunto cunha cerveza ben fria e o que todo home(e muller porque non) quere un dia de calor baixo o sol.Pois ben en Melide a falta do bo tempo que segun di o xornal vira,pois o resto imolo ter.





O venres a noite a eso das 12 da noite actuara no 600 un personaxe que para definilo diriamos peculiar.Iso si,divertido coma el so.Animamosvos ambos a asistir o espectaculo.As entradas poderanse conseguir no 13,o noso bar,pinocho e big ben e so ao modico prezo de 5euros.Mais info en http://sala600.com






Tamen este fin de semana estaremos atentos ao noso querido equipo de futbol,pois o CIRE esta a punto de lograr o tan ansiado ascenso e por iso este fin de sema xogara ala por San estevo de abella as 5 da tarde.Animamos a todo aquel que se poida acercar que vaia animar ao equipo neste gran momento.






E se todo vai ben e fai calor e bo sol o de tomar unha boa caña sera o mais facil de conseguir pois sera por bares en Melide.






Pola nosa parte isto e todo e un saudo.






P.D:a todos aqueles que nos estan diario a pidir que renovemolo blog dicirlles que non e facil compaxinar un blog entre 2 personas e mais se estan afastados mais de 70 km e so se ven os findes,e a veces nin eso.Por iso pidimos un pouco de tranquilidade pois facemos o que podemos.

martes, 1 de abril de 2008

Kaotiko en concerto...

Pois si,para os que non o sepan este venres dia 4 estara en Melide presentando novo disco KAOTIKO acompañado de INSOLBENTES que tamen traeran o seu repertorio.Kaotiko vira a sala 600 como xa mencionamos para presentar novo disco titulado "adrenalina".Este espectaculo segun escoitamos xa ten as entradas a esgostarense.Podedelas conseguir anticipadas a 10 € en adega o lar,pub clap,sala 600,bar 13 e Muxica.En taquilla costara 12€.

Agradecemos a sala 600 a de concertos e espectaculos de gran talle que esta a traer ao noso pobo,pois facia tempo que o pobo merecia algo mellor que o que rondaba antes por aqui.Esperamosvos ver no concerto pois nos estaremos e disfrutar de boa musica que e o importante.


Deixamosvos aqui un par de cancions do novo disco para que os vaiades afacendo.


Weña un saudo.






miércoles, 12 de marzo de 2008

Chega a comedia aos lares de Melide...

Este domingo 16 de Marzo vira a actuar a sala 600(A1) Carlos Blanco para mostrarnos a sua particular vision do mundo e depaso botarnos unhar risas con el.Vira para falarnos de temas relacionados co noso querido pais,Galiza.Esperemos botar unhas risotadas con el e que nos alede o dia.E para os mais comediantes o seguinte domingo vira o famoso comico Rober Bodegas;gañador do concurso "El rey de la comedia".Este humorista coma Carlos blanco vira a aledarnos o dia e a darnos un espectaculo humoristico sen precedentes en Melide.Damoslle as grazas a Miguel por traernos estas pedazos de actuacions a Melide(e as que viran).

Carlos Blanco- Sala 600- Domingo 16 as 22:00 horas- entrada anticipada 4€ en taquilla 6€- as entradas poderanse atopar en:pub clap,pinocho,o 13,muxica,adega o lar,eccos.


Rober bodegas-Sala 600- Domingo 22 as 22:00 horas- entrada anticipada 3€ en taquilla 5€- as entradas poderanse atopar en:pub clap,pinocho,o 13,muxica,adega o lar,eccos.


Para mais informacion entra en http://sala600.com


Sen nada mais que decir un saudo e ata vernos.

miércoles, 20 de febrero de 2008

Jujel Jalisia...


Moi boas amigos preguntaredesvos que e isto do Jujel pois e unha nova idea que surxiu na rede a verdade e que non sei mui ben de quen é pero bueno iso e o de menos; o caso e que e unha versión galega do famoso buscador google. Neste buscador tan so hai información de galicia e moi ampla e completa xa que so se centra no noso país, e por iso vos animo a que deixedes un pouco de lado a google eque cando tañades algo que buscar na rede acudades ata este novo buscador.

miércoles, 13 de febrero de 2008

Miky no Liceo....

Pois si amigos o noso querido amigo, e compañeiro de blog marxou nunha nova viaxe nest
e caso de estudos xa que arrincou cara A Coruña. Vai acabar o bacharelato lonxe da sua terra pois ingresou no ilustrisimo colexio do Liceo, polo que dende onoso blog(meu e de miky) querolle desexar moita sorte e ainda que ben todolos fins de semena e intentaremos actualizar o blog cando el este aqui, sen el non e o mesmo.E xa que logo aproveito esta entrada pra saudar o meu compañeiro e desexarlle moita sorte ala donde vaia

P.D. Esa camiseta ali ben tapada e miky



Un saudo e ata vernos

jueves, 31 de enero de 2008

Carallo,como veñen as moscas...

Boas amigos,xa comezan a aparecer de novo os molestos inquiluinos dos nosos fogares,as moscas.E como todos sabemos en todolos fogares galegos hai diferentes tecnicas pra espantalos,pero ningun coma os bos reflexos.Aqui vos deixamos a proba da mao do noso querido amigo JAVI (raseo) que desenrolou uns im-presionantes reflexos para combatir ao inimigo.Aqui vos deixamos unha das suas batallas habituais nun momento tan importante para el como e o partido do Madrid

video

Ollo o dato:Fixadevos na sua mao esquerda,pedazo de golpe que se pega na cara.

Que sepades que poñemos esta entrada por clamor popular pois melide pedia a gritos que mostraramos ao mundo a famosa "ostia raseada".

Sen nada mais que contarvos un saudo e ata vernos.

martes, 29 de enero de 2008

O C.I.R.E. mermado levanta cabeza...

Frisonoble sp.cambre "b" 1-3 C.I.R.E. Melide


No partido desta semana xogamos contra o cambre "b" penultimo clasificado da taboa.Chegabamos con gran numero de baixas(sancions,lesions,...)Chegabamos ca idea de que non se poderia acadar a victoria pois so eramos 11 e entre eles 2 cadetes.O partido comezou co dominio do cire na 1ª parte.Tras moitas ocasions abriu a lata Vacenas cunha boa vaselina e seguiulle Pampin.Na 2ªparte ao non haber cambios baixouse un pouco ritmo pero seguindo con ocasions de gol.Foi enton cando on rechace dun corner Cocoliso aproveita para poñer o 0 a 3 no marcador.Logo o equipo botouse para atras e a poucos minutos do final o cambre acurtou distancias pero sen poñer nunca en perigo a victoria cireña.A alineacion foi esta:


  1. Miky-Sen moito traballo.Correcto-6

  2. Paquete-Ben na sua banda,axudando en defensa e animandose ao ataque-6

  3. Martin-Estivo bastante ben para ser cadete.Loitou ben contra os ataques rivais-6´5

  4. Saavedra-Partido completo,mandando na defensa-6´5

  5. Marocha-Bo partido nunha posicion que non e a habitual-6

  6. Fer-O mellor do partido.Traballando na medular do campo tanto en ataque coma en defensa.Gran partido-8

  7. Pampin-Tivo un par de boas xogadas e logrou un gol.Non decepcionou-7

  8. Bujan-Loitou no medio do campo pola posesion do balon.Bo pilar defensivo-7

  9. Vacenas-Intentouno e intentouno.Logrou un gol ainda que poideron ser varios.Estivo ben-7

  10. Roberto-Empezou pola esquerda e chegaba pero non encontrou o gol.Ao final acabou pola dereita-6´5

  11. Cocoliso-Gran traballo.Presionou durante todo o partido a defensa contraria.Logrou un gol e unha asistencia de gol.Non esperabamos tanto del-7

Para a seguinte semana descansamos e enton habera que esperar outra mais para volver demostrar o que valemos.Ata enton entrenaremos para lograr o tan ansiado ascenso.


Pola nosa parte isto e todo.


Un saudo e ata vernos.

domingo, 27 de enero de 2008

Xa van 5000 visitas...

Estamos de noraboa en dias de troula o noso contador de visitas chegou as 5000 visitas e por iso estamos tan ledos.Esperemos que siga medrando gracias a vos;os que nos visitades.Por iso damosvolas gracias e esperamos seguir informandovos do que pase na nosa querida vila.

Ademais comentarvos a merecida victoria do cire de xuvenis que volve a encontrar a senda da victoria e esperemos que non a perdamos de vista para asi chegar a alcanzar o tan esperado ascenso.Gañamos 1-3 ao frisonoble sp. cambre "b" con goles de pampin,vacenas,e cocoliso(cadete).Partido moi serio pola parte do equipo de melide que a pesar de ir con so 11 xogadores nos que se encontraban 2 cadetes poideron gañar o partido sen problemas e cunha gran actuacion de todolos xogadores.


Sen mais un saudo e ata vernos.

viernes, 11 de enero de 2008

2ª entrega das fotos...

Xa chegou a 2ª entrada das fotos da seleccion galega.Deixamolas colgadas no blog de MELIDE COA SELECCION GALEGA http://melidecongaliza.blogspot.com/ Temoslle que agradecer esta entrega das fotos a Santi(quintas) pola sua realizacion.Animamosvos a que as vexades e nos dedes a vosa opinon.Deixamosvos un adianto.

Sen mais un saudo e ata vernos.

miércoles, 9 de enero de 2008

Nace unha nova maneira de entender o espectaculo...

Con este motivo e outros cantos coma os de animar ao equipo do noso pobo nace BRIGADAS AZUIS un grupo de amigos que se xuntan para animaren o CIRE,pasalo ben e por que non dicilo facer bulto.Comentarvos a creacion dun blog da peña e animarvos a que entredes.Ista e direccionhttp://brigadasazuis.blogspot.com/

Tamen comentarvos que como non miky e vace sempre co cire e por iso ambos somos brigadistas.


Sen mais un saudo e ata vernos.