jueves, 31 de enero de 2008

Carallo,como veñen as moscas...

Boas amigos,xa comezan a aparecer de novo os molestos inquiluinos dos nosos fogares,as moscas.E como todos sabemos en todolos fogares galegos hai diferentes tecnicas pra espantalos,pero ningun coma os bos reflexos.Aqui vos deixamos a proba da mao do noso querido amigo JAVI (raseo) que desenrolou uns im-presionantes reflexos para combatir ao inimigo.Aqui vos deixamos unha das suas batallas habituais nun momento tan importante para el como e o partido do Madrid

video

Ollo o dato:Fixadevos na sua mao esquerda,pedazo de golpe que se pega na cara.

Que sepades que poñemos esta entrada por clamor popular pois melide pedia a gritos que mostraramos ao mundo a famosa "ostia raseada".

Sen nada mais que contarvos un saudo e ata vernos.

martes, 29 de enero de 2008

O C.I.R.E. mermado levanta cabeza...

Frisonoble sp.cambre "b" 1-3 C.I.R.E. Melide


No partido desta semana xogamos contra o cambre "b" penultimo clasificado da taboa.Chegabamos con gran numero de baixas(sancions,lesions,...)Chegabamos ca idea de que non se poderia acadar a victoria pois so eramos 11 e entre eles 2 cadetes.O partido comezou co dominio do cire na 1ª parte.Tras moitas ocasions abriu a lata Vacenas cunha boa vaselina e seguiulle Pampin.Na 2ªparte ao non haber cambios baixouse un pouco ritmo pero seguindo con ocasions de gol.Foi enton cando on rechace dun corner Cocoliso aproveita para poñer o 0 a 3 no marcador.Logo o equipo botouse para atras e a poucos minutos do final o cambre acurtou distancias pero sen poñer nunca en perigo a victoria cireña.A alineacion foi esta:


  1. Miky-Sen moito traballo.Correcto-6

  2. Paquete-Ben na sua banda,axudando en defensa e animandose ao ataque-6

  3. Martin-Estivo bastante ben para ser cadete.Loitou ben contra os ataques rivais-6´5

  4. Saavedra-Partido completo,mandando na defensa-6´5

  5. Marocha-Bo partido nunha posicion que non e a habitual-6

  6. Fer-O mellor do partido.Traballando na medular do campo tanto en ataque coma en defensa.Gran partido-8

  7. Pampin-Tivo un par de boas xogadas e logrou un gol.Non decepcionou-7

  8. Bujan-Loitou no medio do campo pola posesion do balon.Bo pilar defensivo-7

  9. Vacenas-Intentouno e intentouno.Logrou un gol ainda que poideron ser varios.Estivo ben-7

  10. Roberto-Empezou pola esquerda e chegaba pero non encontrou o gol.Ao final acabou pola dereita-6´5

  11. Cocoliso-Gran traballo.Presionou durante todo o partido a defensa contraria.Logrou un gol e unha asistencia de gol.Non esperabamos tanto del-7

Para a seguinte semana descansamos e enton habera que esperar outra mais para volver demostrar o que valemos.Ata enton entrenaremos para lograr o tan ansiado ascenso.


Pola nosa parte isto e todo.


Un saudo e ata vernos.

domingo, 27 de enero de 2008

Xa van 5000 visitas...

Estamos de noraboa en dias de troula o noso contador de visitas chegou as 5000 visitas e por iso estamos tan ledos.Esperemos que siga medrando gracias a vos;os que nos visitades.Por iso damosvolas gracias e esperamos seguir informandovos do que pase na nosa querida vila.

Ademais comentarvos a merecida victoria do cire de xuvenis que volve a encontrar a senda da victoria e esperemos que non a perdamos de vista para asi chegar a alcanzar o tan esperado ascenso.Gañamos 1-3 ao frisonoble sp. cambre "b" con goles de pampin,vacenas,e cocoliso(cadete).Partido moi serio pola parte do equipo de melide que a pesar de ir con so 11 xogadores nos que se encontraban 2 cadetes poideron gañar o partido sen problemas e cunha gran actuacion de todolos xogadores.


Sen mais un saudo e ata vernos.

viernes, 11 de enero de 2008

2ª entrega das fotos...

Xa chegou a 2ª entrada das fotos da seleccion galega.Deixamolas colgadas no blog de MELIDE COA SELECCION GALEGA http://melidecongaliza.blogspot.com/ Temoslle que agradecer esta entrega das fotos a Santi(quintas) pola sua realizacion.Animamosvos a que as vexades e nos dedes a vosa opinon.Deixamosvos un adianto.

Sen mais un saudo e ata vernos.

miércoles, 9 de enero de 2008

Nace unha nova maneira de entender o espectaculo...

Con este motivo e outros cantos coma os de animar ao equipo do noso pobo nace BRIGADAS AZUIS un grupo de amigos que se xuntan para animaren o CIRE,pasalo ben e por que non dicilo facer bulto.Comentarvos a creacion dun blog da peña e animarvos a que entredes.Ista e direccionhttp://brigadasazuis.blogspot.com/

Tamen comentarvos que como non miky e vace sempre co cire e por iso ambos somos brigadistas.


Sen mais un saudo e ata vernos.