jueves, 27 de noviembre de 2008

De volta ca seleccion galega...

Este ano por esta fechas volvese a celebrar o partido anual ca nosa seleccion xoga para alegria nosa.Este ano repetira escenario pois xogarase en Riazor,A coruña, onde xa se xogou no 2006 contra ecuador.Este ano celebrarase o 27 de decembro e sera ante a seleccion nacional de Chile



Voltamos a recomendarlles a todolos afeccionados galegos que este dia tan sinalado se acerquen ata a Coruña para animar o combinado nacional galego e depaso para pasalo ben e desfrutar a raudales.Nos pola nosa parte estaremos ali presentes se non ai dubida e depaso voltaremos con outra seleccion de fotos po blog da seleccion galega.




Sen nada mais que contar,un saudo e ata vernos.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Plan Bolonia....


Como alguns de vos xa saberedes os estudantes deste o noso pais estamos un pouco preocupados polo carallo do Plan Bolonia. Un plan que quere privatizar o estudo Universitario introducindo novas medidas que o parecer son un pouco duras de mais. Em primeiro lugar desaparecen as becas, para convertirse, en prestamos que se devolveran o finalizar os estudos en teoria para reducir gastos publicos, que digo eu non e unha prioridade a educacion, pois non creo que dende a pespectiva dos nosos "maravillosos" politicos, non o é. Ademais disto estan a falar de endurecer as temidas provas de selectividade, e en que desaparezan as diplomaturas e licenciaturas de 3 e 5 anos pra que, todalas carreiras sexan de 4 anos. Isto fara que pra rematar os estudos cunha especializacion clara axa que facer tamen un Master cun custo aproximado duns 3.000 euros. E dende aqui ainda que nos os 2 ( Miky e Vace) non somos dos mais afectados por ter o noso futuro... un pouco incerto queremos tamen apoiar a causa dos nosos compañeiros. Ademais nunca se sabe " Como che pode cambiar a cabeza" ( Dito fomentado especialmente polo pai de Vacenas).


Un saudo e ata vernos

martes, 18 de noviembre de 2008

Xa somos un mais...

Como moitos xa saberedes acaba de creaese un novo blog en melide, un blog adicado o deporte en melide, http://deporteenmelide.blogspot/.com/. Un blog adicado a todo o deporte Melida tanto o CIRE coma o Atletico Melide, o melide futbol sala... en todas as suas categorias, por suposto. Ainda que agora mesmo dede Dias de troula ainda estamos realizando algunhas pescudas pra, como non, saber quen é o atifice deste novo espacio na rede. Asi que sen nada mais animarvos a todos a que a que utilicedes este blog para interesarvos polo deporte do noso concello.



Un saudo e ata vernos...

viernes, 14 de noviembre de 2008

Novo adestrador pros xuvenis do cire....

Pois como moitos saberedes chegou dende a capital de galicia(Santiago) un novo mister pras categorias inferiores do Cire de melide. O señor Pepe Paz un pequeno e entrañable home que chega con moitas ganas de axudar o principal clube da vila. E por iso dende dias de troula ocorreusenos adicarlle unha pequena entrada pra que todo o mundo o coñeza.


E que ninguen faga caso as faladurias baratas que o comparan cun tal Varelita. Sentimos non pòdervos amosar unha foto do fenomeno en cuestion pero en canto sexa posible faremolo.


Un saudo e ata vernos

martes, 11 de noviembre de 2008

E xa van 4 meses...

Queridos blogueiros e compañeiros de todolos dias tedes que perdoar por deixar este pequeno espazo sen renovar durante tanto tempo,ainda que bueno, ten a sua explicación.Por motivos da vida os dous compoñentes deste blog (miky) e eu (vacenas) estamos separados por aproximadamente uns 67 km, e como teredes escoitado moitas veces "LA DISTANCIA ES EL OLVIDO". Pero bueno vamos intentar acabar con faladurias baratas e intentaremos que este dito non se cumpla. E pra empezar intentaremos semana a semana volver a publicar a cronica do partido de xuvenis de cada semana, e asi, cada semana ir intentando volver a normalidade e volver a estar a orde do dia.

Un saudo e ata vernos